Segundo recollen os estatutos, os seus obxectivos son culturais, informativos, sociais, recreativos e deportivos; todo isto co fin de fomentar os lazos solidarios entre as entidades federadas a cuio efecto a federación procurará:
- Integrar a todas as asociacións galegas da Arxentina.
- Patrocinar toda manifestación que exalte os valores da cultura galega
- Promover a unidade entre todas as Asociacións e realizar accións conducentes á integración das que non o estean
- Facer unha publicación para a difusión de canta información, reportaxe, nota ou artigo interese e teña que ver cos fins da Unión.
- Colaborar nos actos que as asociacións integrantes leven a cabo.
- Axudar económicamente a persoas maiores ou incapacitadas.