- Cursos de idioma galego que son impartidos nas propias entidades da Unión.
- Colaboración en programas de radio de difusión e promoción da cultura galega.
- Exposicións de arte
- Conferencias e charlas informativas e formativas sobre a realidade cultural de Galicia.
Entre as celebracións que levan a cabo durante o ano destacan a do Aniversario da fundación da Unión, a do aniversario do falecemento de Castelao, o Día das Letras Galegas,o Día de Galicia. (data na que depositan ofrendas florais ante os bustos de Castelao e de Rosalía de Castro sitos no vestíbulo do Centro Gallego de Buenos Aires) e o Día da Hispanidade.
Publican anualmente o boletín IRMÁNS onde se recollen as actividades, noticias eventos e actos institucionais nos que participa a Unión
Comparten as romarías tradicionais nos locais sociais das institucións da Unión e tamén participan nas distintas actividades que elas realizan.
No pasado ano 2004 crearon a Mesa Directiva de la Juventud que nace co obxectivo de fomentar e impulsar a participación dos descendentes de emigrantes nas institucións da colectividade.
Tentan lograr a revitalización das comisións xuvenís naquelas entidades onde existen e promover a creación das mesmas nas institucións que non as teñan, para logo colaborar entre todas en obxectivos comúns, como é a creación e posta en funcionamento dunha Oficina de Información Xuvenil, en colaboración co Centro Galicia de Bos Aires e o apoio da Xunta de Galicia, a través das consellerías de Emigración e de Familia, Xuventude, Deportes e Voluntariado.